DRAMATURGIAS ITINERANTES
DRAMATURGIAS ITINERANTES
SUPERNORMAIS | DIONÍSIA
– 19 de janeiro –
Quinta-feira, 19 de janeiro – 18h00
Entrada gratuita* (até ao limite da lotação da sala)
Entrada pela ESMAE, Rua da Alegria nº 503
Un ano máis, e xa van catro desde 2019, presentamos o programa Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes, froito da colaboración institucional entre o Consello da Cultura Galega, o Instituto Camões-Centro Cultural Português de Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia. Desde 2021 contamos tamén coa complicidade e o entusiasmo da Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo (ESMAE) de Porto, que xa consideramos un parceiro máis nesta segunda colaboración súa.
Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes ten como obxectivo o encontro entre creadoras escénicas de Galicia e Portugal para promover un maior e máis profundo coñecemento da escrita teatral máis contemporánea dos dous lados da raia. O proxecto pono foco na dramaturxia de autoría feminina, coa vontade de rescatala da invisibilidade e de poñer en valor todo o seu potencial renovador. Ademais, o proxecto apóiase e conta para a súa produción coas novas xeracións de profesionais das artes escénicas que se están a formar nas nosas escolas, nas cidades de Porto e Vigo.
O ciclo segue a sumar edicións e encontros escénicos nos que acreación e a escrita dramática contemporánea exercen o seu papel protagonista. Nesta ocasión imos engadir á nosa xa importante lista de mulleres dramaturgas galegas e portuguesas a Esther Carrodeguas e a Cecília Ferreira, dúas autoras cunha incuestionábel traxectoria probada e recoñecida polo público. Elas entran a formar parte dunha significativa escolla na que atopamos os potentes nomes de AveLina Pérez e Patrícia Portela, de Ana Carreira e Joana Craveiro, de Clara Gayo e Cláudia Lucas Chéu e de Laura Porto e Rita Pinheiro. Os textos de todas as autoras poden atoparse en edición dixital en www.consellodacultura.gal.
Nesta edición de 2023 despedimos ao profesor da ESAD de Galicia Afonso Becerra, como «mestre de cerimonias» e brillante acompañante das dramaturgas, nunha serie de conversas que nos fixeron comprender a dimensión da obra das autoras que nos acompañaron, e damos a benvida á tamén profesora da ESAD de Galicia Vanesa Sotelo, que será a encargada de guiar o encontro, no que coñeceremos máis profundamente as dúas autoras.
SUPERNORMAIS
Supernormais é un xogo cómico que nos enfronta aos nosos propios prexuízos arredor do colectivo de persoas con diversidade funcional, xerados dentro dunha sociedade neoliberal e patriarcal pero sobretodo 100 % capacitista na que os corpos, as realidades, as necesidadese as vidas das persoas que non poden producir ao ritmo que vén imposto non teñen máis remedio que ver como lles pasan por diante casetodas.
Polo camiño, á maioría destas persoas ne góuselles práctica e historicamente a vivencia dunha sexualidade propia e natural e moitas veces foron desprazadas do seu [propio] DESEXO. É xustamente desde este punto desde o cal a peza reflexiona sobre o anterior, incluíndo a propia reflexión sobre a creación con persoas diversas e sobre a dificultade de eliminar as barreiras existentes mediante a entrada, comprensión ou gozo da propia obra teatral que está vendo [ou non!].
DIONÍSIA
A loucura mora rente à sanidade. Lado a lado, frente a frente: olham-se, tocam-se, entretecem-se, mas quanto baste, para que não haja misturas indesejadas. Habitam um espaço comum que nunca para, que nunca se repete, que nunca se cansa da mudança. Nesta roda-viva do mundo, as pessoas sentem, agitam-se, magoam-se, adoecem, desiludem-se, zangam-se, fragilizam-se. Ninguém está permanentemente bem. São fugazes as felicidades. Estivéssemos nós sempre atentos, alerta. Mas não! Como um vírus que surpreende o sistema imunitário débil, a loucura avança sobre nós sem dó nem piedade. Ganha terreno. Contamina. Não precisa de fazer muito. Só tem de nos encaminhar suavemente e com simpatia para o lado errado. Não temos firmeza para lhe resistir. E então ela domina. Vence. Treslouca-nos.
Ficha Técnica
SUPERNORMAIS
Dramaturga
Esther Carrodeguas
Nuria Montero Gullón
Susana Lorenzo
Susana Villaverde
Eva Jáudenes López
Daniel Lago Barreiro
Rocío López Souto
Álvaro Lourido Iglesias
Ángel Rodríguez Blanco
Nuria Varela Cascallar
aproximadamente 15 minutos
DIONÍSIA
Dramaturga
Cecília Ferreira
Cláudia Marisa
Cecília Ferreira
Gonçalo Lopes
Helena Magalhães
Margarida Carvalho
Matilde Gandra
Nuno Tudela
Pedro Fiúza
Pedro Nunes
Sara Vicente
aproximadamente 15 minutos